Neko

31.5.06

Xa está aquí!!!!!!!!!!!!!!!!


Xa vin a película tan desexada polos apaixoados do cómic X-men. Non decepciona para nada aínda que a idea que te fas ao ver o trailer non ten nada que ver co que despois te encontras no cine. Aínda que me apena moito pensar que remata aquí un ciclo e que quizás non poidamos velos máis en qrupo polo que nos consolaremo cos spin-off de Lobezno, Magneto e Tormenta aínda sen confirmar. Esperemos ata entón.

22.5.06

Unha fermosa canción

Aínda que non acostumo a escoitar este tipo de música, esta canción gústame.
Cada vez que me sinto dacaída, que sinto que non vou lograr as metas que me propuxen, escóitoa. É como unha inxección de optimismo, de motivación, transmíteme esa mensaxe que necesito oír:


Pódelo conseguir


Powered by Castpost

11.5.06

Ambigrama


Preséntovos o ambigrama que Homero nos fixo á miña prima Mónica e a min. Se vos fixades pódese ler, no primeiro caso, de esquerda a dereita Thamara e de dereita a esquerda Mónica.
No segundo caso, de esquerda a dereita Mónica e de dereita a esquerda Thamara.
Desde a miña ingnorancia explicovos en que consiste. Como podedes ver isto require unha gran axiliddade mental e moita imaxinación. Anímovos a que buceedes neste mundo tan peculiar.

8.5.06

Son freaky?

Encontrei en YouTube o trailer de X-men 3 que se estreara o 26 de maio.
Moitos me consideran unha freaky, pero, e que se o son?
Gústame, apaixóname todo aquilo que por uns minutos me faga olvidar o que me rodea: o odio, as vinganzas, as falsas aparencias, a pobreza, a falta de liberdade... o que chamamos a realidade. Porque de vez en cando preciso escapar e imaxinarme un mundo onde todos os meus soños se poidan cumprir e saber, que ao final todo acaba ben.
Por iso cando me chaman freky, dígolles: sí freaky, é que?

3.5.06