Neko

18.1.06

A máquina da felicidade

A segunda tarefa

Presento esta máquina ao mundo como unha revolución para todos. Consiste en darche a felicidade que por algunha maneira non a podes ter. Funciona se pasas debaixo deste instrumento representado no debuxo e, con só desexalo, darache unhas pequenas pautas para poder lograr ese fin. Pero, como todas as máquinas, hai que ter precaucións. Tes que ter moi claro se es merecedor/a da felicidade e a costa de qué, porque as súas consecuencias poden ser tráxicas. Así que, se de verdade pensas que es merecedor dela ou cres que alguén o é, pásate un día por xunto da máquina, pero primeiro pregúntate: Merézoo?

O texto anterior pertence a unha actividade que nos própuxo Estíbaliz. Coa esperanza de descrubir en nos o novo Einstein, pero me parece que... foi así. Consistiu en cada un de nos inventásemos unha máquina coa que...bueno, poidamos solucionar as cousas que aínda non se solucionaro. E o texto anterior foi a miña proposta. Non está tan mal non? Ti que opinas?

Un texto en glíglico

A nosa terceira tarefa

Hoxe foinos encargada outra tarefa. Acal consiste en facer un pequeno texto inventado por nós en glígico. O glíglico consiste nun lenguaxe inventado polo arxentino Julio Cortazar, que sustitue palabras da lenguaxe normal por outra inventadas, pero que se entenden dado o contexto donde van. Polo que tócanos agora facer a nos o noso propio texto en glíglico. É iste e o que fixen eu:

Certo día da miña vida, estaba eu enfustiguiada ao meu echufisto, cando de súpeto sonou o lobifonutico.
-Si- contestei
-Ola son...- cortouse ou non me quere dicir quén é
-Si, dígame -contestei outra vez
-Tin, tin- colgaron

Volvín outra vez para o meu hipertramento, enfousticiar co meu echifisto. Pero...petaron á porta.
-Pero quen fostias é agora. Non poderei sentarme a gustiño.Fun cara a porta.

Cando cheguei, non había ninguén.
-Pero qué lle pasa hoxe ás lasoas, non teñen nada qué facer.
Dispúxeme de novo volver ó que estaba facendo, cando...alguén ou algo petou na ventá.
- Xa ta, vou saír fóra.
Cando saín pola porta, penseino duchi veces e collín unha socoxa.
- A ver quen é o gracioso
Cando estaba xa chegando á esquina, oín algo pero seguín de largo e esperei ó outro lado. De súpeto oín voces e dispíxeme a correr hacia eles coa socoxa na man.
- Alto.Ó final era o meu granchudo irmán cos seus asmunidos amigos que me querían gastar unha broma.
Bana broma!

13 de xaneiro do 1997

A nosa cuarta e ultima tarefa


Hoxe Estíbaliz propúxonos un día mais unha nova tarefa. Esta vez é un poema. A idea surxiu do poema escrito pola polaca Wislawa Szymborska " 16 de maio d 1973 ", que o escribiu inspirandose nun día calquera que non recorda nada, e polo cal, supón o que fixo. O que nos da a pensar se algun día olvidaremonos de algo que nos fixo sonrir hoxe, de ese paso que tivemos que dar para...momento que de verdad teriamos que recordar en vez malos momentos...que non.E este é o que lle entreguei eu.

Gustaríame recordar este día
que pra min suponse especial
pero non só deste, senón
liberarme desta amnesia que me impode recordaros
momentos felices da miña infancia
e que en cambio
recórdame que a perdín.
Ó millor cruceime coa miña alma xemelga
ou algo moito máis sinxelo:
deille esa apreta ó meu paique hoxe non me atrevo a darlle.
Tamén pregúntome se ese día
non miraría á miña nai
con rancor ou simplemente
con amor sabendo que nos levabamos
como agora gustaríame que fora.
Tamén se cando me miraba ó espello
sentíame a nena máis fermo
saxa que agora non o podo facer
pra sentir ver unha persoa falsa,
insignificante no mundo
no que o único que fago é interrumpir.
Tamén se algún día fun feliz.
Xa que a min o rato Pérez
non me levou a moa
senón a infancia
e non me devolveu o regalo
senón o que a partir daquel momento
sería a miña vida.
Por esa razón necesito
sumirme nun mundo de fantasíae
deixar voar o meu
verdadeiro eu, o meu pensamento
e escapar da realidade
para poder construír a miña vida.
Só hai un problema:ás veces confundo o límite