Neko

18.1.06

A máquina da felicidade

A segunda tarefa

Presento esta máquina ao mundo como unha revolución para todos. Consiste en darche a felicidade que por algunha maneira non a podes ter. Funciona se pasas debaixo deste instrumento representado no debuxo e, con só desexalo, darache unhas pequenas pautas para poder lograr ese fin. Pero, como todas as máquinas, hai que ter precaucións. Tes que ter moi claro se es merecedor/a da felicidade e a costa de qué, porque as súas consecuencias poden ser tráxicas. Así que, se de verdade pensas que es merecedor dela ou cres que alguén o é, pásate un día por xunto da máquina, pero primeiro pregúntate: Merézoo?

O texto anterior pertence a unha actividade que nos própuxo Estíbaliz. Coa esperanza de descrubir en nos o novo Einstein, pero me parece que... foi así. Consistiu en cada un de nos inventásemos unha máquina coa que...bueno, poidamos solucionar as cousas que aínda non se solucionaro. E o texto anterior foi a miña proposta. Non está tan mal non? Ti que opinas?