Neko

16.11.05

A nosa primeira tarefa

Hoxe iniciamos un pequeno obradoiro, que só durará unhas cantas sesións, pero que as aproveitaremos ao máximo. Neste obradoiro realizaremos pequenos escritos referidos aos temas que nos propoña a nosa mestra temporal.
O propósito destes escritos é axudarnos a despertar ese bichiño que levamos dentro para que poidamos desenvolvernos pouco a pouco mellor na linguaxe escrita.
A nosa mestra temporal non é outra que Estibaliz Espinosa. Estudou socioloxía e ten experiencia no mundo da interpretación, xa que actuou en varias obras de teatro e ata unha curtametraxe.
A ver que imos facer