A nosa cuarta e ultima tarefa
Hoxe Estíbaliz propúxonos un día mais unha nova tarefa. Esta vez é un poema. A idea surxiu do poema escrito pola polaca Wislawa Szymborska " 16 de maio d 1973 ", que o escribiu inspirandose nun día calquera que non recorda nada, e polo cal, supón o que fixo. O que nos da a pensar se algun día olvidaremonos de algo que nos fixo sonrir hoxe, de ese paso que tivemos que dar para...momento que de verdad teriamos que recordar en vez malos momentos...que non.E este é o que lle entreguei eu.
Gustaríame recordar este día
que pra min suponse especial
pero non só deste, senón
liberarme desta amnesia que me impode recordaros
momentos felices da miña infancia
e que en cambio
recórdame que a perdín.
Ó millor cruceime coa miña alma xemelga
ou algo moito máis sinxelo:
deille esa apreta ó meu paique hoxe non me atrevo a darlle.
Tamén pregúntome se ese día
non miraría á miña nai
con rancor ou simplemente
con amor sabendo que nos levabamos
como agora gustaríame que fora.
Tamén se cando me miraba ó espello
sentíame a nena máis fermo
saxa que agora non o podo facer
pra sentir ver unha persoa falsa,
insignificante no mundo
no que o único que fago é interrumpir.
Tamén se algún día fun feliz.
Xa que a min o rato Pérez
non me levou a moa
senón a infancia
e non me devolveu o regalo
senón o que a partir daquel momento
sería a miña vida.
Por esa razón necesito
sumirme nun mundo de fantasíae
deixar voar o meu
verdadeiro eu, o meu pensamento
e escapar da realidade
para poder construír a miña vida.
Só hai un problema:ás veces confundo o límite